sábado, 3 de julio de 2010

Agora Voltamos orfos

Agora voltamos orfos
Orfos de pais e de nais
De pin, de pan, de pun
Agora voltamos

Recordando o camiño percorrido
Voltamos, volteando nas entrañas
As serpes comidas, regurxitando
Coma feras os residuos mornos

Xa coñecíamos as fontes
Xa coñecimos os ríos
Donde afogarnos, sen duvida
Nadar non souvemos

Agora voltamos orfos
Orfos de pais, de nais
De pin, de pan, de pun
Agora voltamos

Esperando unha man que nos diga
Te coñezo, te aprezo
Agora voltamos sen esperar
Esperamos algo que non soubemos dar

Agora voltamos, e na loita
Esperando me din
Te coñezo, te aprezo, non te esquezo
Agora voltan, de dentro, e saen

No hay comentarios:

Publicar un comentario